Sunday 08 de September de 2024

A Xunta elimina os buses nocturnos para as festas de Mera


A Xunta de Galicia eliminou o servizo de transporte nocturno para a mocidade de Oleiros que se prestou nos anos anteriores con motivo das festas de Santa Ana (Mera). Este era o único bus nocturno que se poñía para as verbenas que daba servizo ao conxunto da mocidade oleirense -facía unha ruta circular por todo o municipio-.

Especialmente os días das verbenas de maior afluencia (Mera, Lorbé, Santa Cruz e Perillo) resulta preciso un servizo de transporte que ofreza unha alternativa segura ao vehículo privado. O público principal ao que se dirixen as festas que se celebran en Oleiros é local, polo que non ten sentido que se poñan buses para conectar con outros municipios e se deixen sen atender as demandas da xuventude oleirense.

O Concello seguirá a reclamar este servizo para a mocidade de Oleiros para as próximas festas de Lorbé, Santa Cruz e Perillo, por ser as que contan cunha maior previsión de asistencia.